A NOSA TENDA

Unha das preocupacións á hora de acompañar aos nenos e nenas en casa, na aula ou nos espazos de xogo dispoñibles para elas e eles, sempre foi o material de xogo, pois entendemos o xogo como a ferramenta fundamental de expresión, experimentación e que forma parte da vida de cada nena e de cada neno no seu facer diario, sen présas nin expectativas.

Por esta razón dedicamos unha parte importante do noso proxecto ao material co que se relacionan e interactúan as crianzas nos espazos MilRamas e poñelo a disposición de todos os espazos onde a infancia estea presente.

 

ECOLÓXICOS E NATURÁIS

Os nosos produtos están feitos a man, con materiais coidadosamente seleccionados e por persoas, queremos coidar os ritmos de elaboración dos produtos e ás persoas que os fabrican, por esta razón os tempos cos que traballamos non compiten cos do mercado da inmediatez. Se che apetece adquirir algún dos nosos produtos pedirémosche tempo para realizar nosa mellor versión. Unha aperta!

XOGO E CREACIÓN

MilRamas nace como un lugar posible para o desenvolvemento do xogo libre e espontáneo das crianzas.. É unha fiestra para que xs adultxs poidan observar o seu mundo, comprendelo, respectalo e protexelo.

O seguir navegando neste sitio, aceptas o uso de cookies// Al seguir navegando el sitio, aceptas el uso de cookies. + información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close