
POR QUÉ NACE MIL RAMAS?
A Cooperativa MilRamas SCG nace en Galicia en 2018 co obxectivo de xerar espazos de xogo respectuosos para a infancia, a familia e a comunidade, onde poder acompañar o crecemento das persoas dende o gateo ata os 99 anos, a través de espazos adaptados para o proceso de crecemento persoal e colectivo, obradoiros e cursos de formación que permitan a sociedade visualizar o significado profundo do xogo non estruturado en diferentes ámbitos da vida.
Par facer realidade o noso proxecto imos creado unha plataforma ( empresa de economía social ) que permite a calquera persoa interesada no mundo da educación activa – viva e respectuosa, ser parte dunha rede de colaboración e traballo mutuo.
Nós, un grupo de mulleres en crianza lanzámonos a crear o lugar onde xs adultxs puidesen compartir a súa experiencia nesta etapa, creando redes de apoio entre elxs. Un lugar onde as crianzas puidesen experimentar o xogo fora da estrutura escolar convencional. Un lugar onde as persoas interesadas no mundo da educación viva tiveran a oportunidade de formarse e observar outra maneira de relación coa infancia. Un lugar diverso.
Cada unha de nós aportou a este proxecto a súa experiencia de vida como nais e profesionais, xa que todas, sendo moi distintas e dende diferentes ámbitos, atopamos un punto en común do que partir: “O xogo da Infancia e a relación co mundo adulto”
Grazas a apoio de Espazo Coop, Gándara International school, as familias e amigos que apostaron por nós, aquela idea fíxose palpable e necesaria para moitas persoas. Grandes e pequenas.
Durante tempos de pandemia, a vida levounos a reflexionar e reformular as cousas e decididas por manter viva a nosa cooperativa, apostamos por reabrir un novo espazo en Guadalajara, coas nosas compañeiras Natalia e Íngueri, que se encargan de acompañar na actualidade o espazo de xogo alí.

Mentres tanto en Galicia ofértanse obradoiros e actividades de tarde para as familias e a comunidade en xeral.
Somos conscientes do mundo no que vivimos hoxe, un mundo onde xs nenxs perderon a autonomía e dependen totalmente das instrucións dxs adultxs, un mundo onde a infancia non é escoitada.
Cremos profundamente na necesidade dun cambio de paradigma e por iso queremos protexer o xogo libre da nosa infancia e quizais consigamos un mundo máis san e feliz.

Xogamos para que outro mundo sexa posible
Séguenos
TENDA
MilRamas S. COOP. GALEGA