MILRAMAS GALICIA
O noso traballo baséase na Educación Creadora de Arno Stern, por tanto o xogo entendido como a peza fundamental do desenvolvemento humano e levado a calquera ámbito da vida, permítenos crecer en coherencia coa nosa natureza e despregar a capacidade creadora permitíndonos conectar e comprometernos co noso facer único.
Esta decisión fixo da cooperativa un lugar diverso onde se desenvolven diferentes proxectos dedicados ao coidado das relacións entre as persoas, especialmente do coidado da infancia e a adolescencia ofrecéndolles diferentes espazos e opcións.
Somos unha plataforma onde poder visualizar a nosa relación coa infancia.
Somos espazo coidado, material, acompañamento, formadoras en formación.
Somos MilRamas!
Apoio escolar
Laura Mourín Castañeda
Responsable do Proxecto Apoio Escolar MilRamas.
CONTACTO 617 92 28 20
No proxecto de Apoio Escolar acompañamos de maneira respectuosa e afectiva as necesidades das e os mozos con dificultades de aprendizaxe en Primaria, ESO u e Bacharelato centrándonos na persoa e nos contidos curriculares do centro educativo.
Traballamos de maneira individualizada e en grupos reducidos segundo sexa a necesidade da persoa para acompañar.
Respectamos os seus ritmos de aprendizaxe.
Favorecemos as relacións de confianza achegando ás e os mozos a seguridade e autonomía que necesitan para sacar adiante o curso escolar.
¿ QUE ACHEGA O APOIO ESCOLAR ÁS E OS MOZOS ?
• Preparar exames. Seguridade á hora de enfrontarse a un exame oral ou escrito
• Comprender e saber manexar os conceptos e contidos do temario de cada materia.
• Recoñecer os puntos importantes dun texto. Resumilo, esquematizalo, dixerilo e
comprendelo.
• Concentrarse e resolver problemas.
• Xestionar o seu tempo e planificar o curso
Educación creadora
TALLER A PALETA. O xogo de pintar
Andrea Borda. Asistente dos talleres de Educación Creadora Nigrán
O taller a Paleta está baseado na educación creadora de Arno Stern, a cal establece unhas condicións de relación coherentes coa natureza humana que fan posible a satisfacción das necesidades esenciais de cada persoa no seu proceso de crecemento e desenvolvemento durante toda a vida.
Estas condicións créanse ao marxe do xuízo, cando o importante non é o resultado, senón o proceso, cando se perde o concepto de ben ou mal e as persoas se permiten xogar sendo capaces de romper barreiras e desenvolverse máis do que crían ser capaces.
O papel de quen acompaña os procesos faise dende a asistencia: quen asiste, crea as condicións adecuadas nas que cada persoa pode dirixir e ser artífice dos seus procesos, atendendo a demandas concretas, sen adiantarse as necesidades de cada un e posibilitando así a investigación nun espazo colectivo sen esquecer protexer e coidar os espazos individuais das persoas.
O grupo diverso permite que se perda a comparación e a competitividade, e se crea un espazo cheo de riqueza social formado por xente segura de si e capaz de expresar.
Cando falamos de Educación Creadora non podemos falar dun método, falamos dun cambio de paradigma que se centra nas relacións e na aprendizaxe por medio da cal se crean as condicións ideais para que se produza o xogo. “Peza fundamental do desenvolvemento humano”
Aberto prazo de inscrición curso 2022 – 2023
Martes e Xoves de 18:00 h a 19:30 h.
CONTACTO 651 76 30 14
Información de interese:
http://dirayaexpresion.es/
https://arnostern.com/
O equipo
Laura Mourín Castañeda
Nigrán. 1977
Cando era pequena quería ser profesora, e bailarina… ( hai que escoitar aos nenos cando son pequenos e puros e din o que queren ser de maiores).
Fixen os meus estudos no colexio e instituto e conseguín ir aprobando con esforzo e sen axuda. Máis dunha vez necesitei axuda para entender eses conceptos ás veces tan enrevesados que se deben aprender na educación regrada. Despois fun á universidade, na que empecei dúas enxeñerías e novamente me esforcei unha chea. Alí aprendín e comprendín as matemáticas, a física, e a química durante 5 anos pero non conseguín rematalas.
Nese momento comencei a dar clases de apoio escolar, axudando a nenas e nenos do colexio e do instituto a comprender os conceptos que eu conseguira entender con tanto esforzo.
Continuei os meus estudos con dous ciclos superiores, un deles de animación sociocultural, onde tiven a sorte de coñecer ao mellor profesor que tiven na miña vida, pois ensinounos cousas máis importantes que estudar e aprobar, mostrounos a maxia de aprender por paixón e a realizar proxectos en grupo, a crer en nós…aínda que el non se dese conta.
Desde o momento en que comencei a dar clases, fai 20 anos, ata agora pasei por moitas fases e aprendizaxes cos adolescentes; conectando con eles pacientemente e aprendendo a escoitalos, coñecelos, comprendelos, a descubrir os seus ritmos e a falar nunha linguaxe na que nos poidamos entender mutuamente. O espazo de confianza que se establece permítenos expresar e recoñecer os nosos erros e acertos.
Agora sei que o apoio escolar é moito máis que “ensinar” unha materia, é unha aprendizaxe mutua.
Tamén realicei varias actividades extraescolares de creación, horta e natureza, ludoteca bilingüe, ect… en colexios e asociacións. Actividades máis creativas nas que se poden observar outro tipo de habilidades e establecer outro tipo de relación coas crianzas.
Dende 2022 formo parte da cooperativa e ademais de facerme cargo do proxecto de apoio escolar imparto os talleres de repostería para nenas e nenos de 3 a 16 anos, na que traballo para que se forme un grupo de idades diversas que permita enriquecer ao grupo e aprender tamén dese intercambio, ademais de facer e comer merendas reducindo un pouco a cantidade de azucre e probando outras formas de adozar máis saudables.
Actualmente continúo formándome en cooperativismo e pedagoxías alternativas para ampliar a miña visión acerca doutra maneira de educar, traballar e relacionarse.
Andrea Borda
Bogotá. 1976
Comecei os meus estudos de arquitectura en Bogotá en 1998, o que derivou en Deseño de Interiores en Madrid (2003); buscando a humanización do espazo e a beleza de lugares públicos e /ou de encontro, convencida do cambio social que o espazo coidado produce.
En 2008, fun nai e tiven o inmenso pracer en coñecer a Nina e acompañar a súa existencia da man do meu compañeiro. En 2009, naceu nosa segunda filla, Lara, e completamente removidos e inmersos na crianza, comezamos o noso camiño de crecemento xuntos.
Comezaron os debates e sen darnos conta iniciamos unha reflexión sobre as formas de acompañar as nenas e nenos e a importancia que ten este feito a nivel social, quedando claro que cada persoa é única, capaz e ten dereito a ser tratada como o que é, un ser irrepetible.
Sentín a necesidade de compartir estas reflexións con outras familias coas que desde 2014 convivimos, observamos, debatemos e aprendemos xuntas da experiencia de acompañar ao noso grupo de nenas e nenos.
Xunto a este grupo de familias implicadas e con ganas de achegar á infancia unha crianza sá, creouse a nosa escola de adultxs, onde algúns coñecemos e outros profundamos nas pedagoxías alternativas, a educación activa e unha chea de proxectos conscientes e inspiradores para o grupo. Neste proceso, e debido ao interese que sempre me acompaña acerca do espazo e a súa relación co ser humano, a expresión e a beleza, coñecín o traballo de Arno Stern, Miguel Castro e Vega Martín, quenes me aportaron unha visión clara e honesta do significado do xogo, a aprendizaxe e a capacidade humana.
Este descubrimento levoume a facer a formación (2015) en Diraya, os obradoiros de Educación Creadora de Bilbao,onde puiden profundar acerca do que significa o xogo dende a visión de Arno Stern, grazas ao traballo de difusión de Vega Martín e Miguel Castro, que levan 25 anos traballando por transmitir as súas teorías, en formación e levándoo á práctica nos seus obradoiros de pintura, barro e movemento.
Esa necesidade de asistir o xogo das persoas expándese cando na primavera de 2018 coñezo a un grupo de mulleres coa idea de difundir o significado de xogo nun espazo coidado e para todas as persoas, comezando aquí o proceso de creación de MilRamas. Un proxecto dedicado ao acompañamento e coidado do xogo en diferentes ámbitos da vida e para todas as persoas.
Actualmente encárgome do taller de educación creadora e de coordinar e impartir os talleres itinerantes MilRamas en Galicia.
Sigo aprendendo, investigando e traballando cada día moi a gusto, tentando crecer persoalmente para poder compartir con quen me acompaña.
Obradoiros
Os obradoiros que se ofertan en MilRamas Galicia se desenvolven nas instalacións dos coles, asociacións, empresas privadas, concellos e bibliotecas da Xunta de Galicia. A filosofía das escolas Reggio Emilia é outro dos piares que sostén o noso proxecto.
“Os cen linguaxes son unha metáfora dos extraordinarios potenciais das nenas e os nenos, os seus procesos creativos e de creación, de coñecemento, as innumerables formas coas que se manifesta a vida e se constrúe o coñecemento”
Argallando. Obradoiro de creación libre co materiais de refugallo e materiais naturais no que explorar e inventar realidades imaxinadas e mini-mundos. ( bambú, madeira, conchas, cordas, materiais non estruturados)
A Urbe. Pedagoxía urbana para a infancia – Arquitectura urbana para todas: A Urbe é un proxecto educativo co obxectivo principal de achegar o linguaxe arquitectónico e as morfoloxías urbanas a infancia, as familias e a comunidade educativa.
O Obradoiro compónese de un xogo de madeira formado por diferentes pezas que conformarían as cidades na súa evolución histórica. Pódese comparar coa contorna construída descubrindo que entender a morfoloxía das cidades é aprender a vivir nelas e decidir cómo vivir nelas.
Vagalume. Obradoiro de experimentación e investigación coas cores e a luz onde o xogo é a base fundamental. Xogamos con o retro-proyector, as mesas de luz e una chea de material axeitado para este espazo.
Horta e natureza. Espazo vivencial e de contacto coa terra, as plantas, os árbores, os bechos, espazo auga, espazo area. Un espazo propicio para comprender o coidado da natureza, dos nosos ecosistemas,da nosa contorna e da nosa saude.
Cociña para Crianzas. Con esta actividade as nenas e nenos de diversas idades entrarán en contacto co mundo da repostería, e a cociña en xeral, dende a perspectiva do xogo e a experimentación. O noso desexo é transmitirlles a paixón pola cociña.
“Se se fan cousas reais, tamén son reais as súas consecuencias”
Loris Malaguzzi Escolas Reggio Emilia
Colaboracións
En MilRamas temos un espazo reservado para proxectos que completan e enriquecen a nosa oferta. A continuación, una das propostas para o ano 2022.
Arte a Fondo
Educación Emocional para a Igualdade
Con Alba Grande e Géles Álvarez
Cremos que educar en Igualdade implica necesariamente a Educación Emocional.
Frases como “os homes non choran”, exemplifican as etiquetas que a sociedade colga en función do sexo biolóxico, e determinan a maneira de percibirnos a nós mesmas e aomundo que nos rodea.
Con Arte A Fondo propoñemos unha viaxe de catro sesións vivenciais e de contacto, onde chegaremos a identificar as emocións sen xuízo, para poder comprendelas e acompañalas de maneira saudable.
Mediante o Xogo e as Artes convidamos a observar e reflexionar, a expresar a propia experiencia, propiciando a Escoita necesaria para o AUTO-COÑECEMENTO, A EMPATÍA E O RESPECTO Á DIVERSIDADE.
Os medios que empregamos son variados: Teatro, Pintura, Monicreques, Música, Modelado… facilitando un ambiente lúdico e creativo.
Cada sesión, adicada a unha emoción primaria, durará dúas horas, e terá lugar en catro datas distintas, acordadas de tal xeito que se favoreza a continuidade do grupo.
A nosa intención é dar espazo á evolución dunha aprendizaxe grupal, onde sexa posible escoitar o pouso das experiencias de cada sesión; e así, atender colectivamente aos aspectos máis sutís que se vaian manifestando.
Poderán participar persoas da mesma xeración, a partir de 6 anos.
MilRamas Itinerante
O noso proxecto contempla a posibilidade de participar en feiras, encontros, congresos ou actividades programadas por outras entidades que compartan a nosa visión e filosofía, ou que queiran abrirse a novas experiencias no mundo da educación e o xogo. O noso obxectivo, ademais de difundir e dar a coñecer o noso proxecto, é crear redes con outras institucións e xerar xuntas ferramentas de cambio para que entre todas y todos podamos visualizar o verdadeiro significado do xogo espontáneo e a súa importancia para a vida das persoas.
Aquí algunhas experiencias:
XORNADAS DE EDUCACIÓN AO REDOR DA INNOVACIÓN EDUCATIVA -IGUALDADE NA ESCOLA PÚBLICA
2017 – 2018. Organizada da man das Anpas Galegas e Favalmi.
FESTIVAL PLIS PLAS 2018
Un festival urbano multidisciplinar adicado ás crianzas para reivindicar os plans de lecer en familia e a calidade dos mesmos. Espectáculos teatrais, concertos, obradoiros, contacontos, xogos, mercadillo… e unha grande cantidade de actividades gratuítas e propostas de calidade e respectuosas coa infancia.
MOSTRA DO POSIBLE CANGAS DO MORRAZO
Un encontro de organizacións da economía social que traballan en diversos ámbitos da vida cotiá construindo un mundo máis xusto e solidario.
info@mostradoposible.gal
FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES E ARTES VIVAS DE GUADALAXARA. 2021 8ª edicion.
Titiriguada, seguindo coa súa singular idiosincrasia, aposta a creación nova e contemporánea, sempre buscando o risco, a innovación e abrindo as portas a propostas preparadas especialmente para a ocasión.
Séguenos
TENDA
MilRamas S. COOP. GALEGA