FUNCIONAMENTO DA COOPERATIVA

Somos unha cooperativa sen ánimo de lucro que apoia o traballo das súas socias para mellorar a condición e calidade de vida delas.

Traballamos colectivamente para que sexa posible a creación e sostemento de proxectos laborais persoais e colectivos desde a axuda mutua, a responsabilidade social, a xestión democrática, a igualdade, a equidade e solidariedade; valores intrínsecos do Cooperativismo.

E cómo o facemos?

Somos unha organización horizontal e cooperamos para mellorar a nosa economía familiar ofrecendo servizos de calidade á comunidade.

Todas as decisións tomadas para o funcionamento e organización da cooperativa decídense en asemblea.

Cada unha das promotoras e socias de traballo é responsable dunha área, e todas apoian as áreas restantes das cales non son directamente responsables.

As asignacións de tarefas realízanse de acordo co documento de organización interna xerado previamente en asemblea, onde especificamos as ramas estruturais da cooperativa e a función de cada unha das socias ten (xestión – coordinadora de servizos internos – coordinadora de servizos externos).

A nivel toma de decisións interna de organización, a cooperativa, ten un consello de goberno chamado consello reitor, ademais de ter un servizo externo de asesoría e consultoría.

A política de remuneración acórdase democraticamente por un salario mensual de acordo co plan de resultados planificado para cada exercicio financeiro.

Somos membros da Unión de Cooperativas de Galicia ESPAZOCOOP, o que nos permite estar en contacto co colectivo de economía social de Galicia e estar ao día das novidades a nivel de España e dentro da Unión Europea.

COLABORACIÓNS

Queremos agradecer as nosas familias e a tódalas persoas e proxectos que desinteresadamente fixeron posible que MilRamas sexa hoxe un proxecto posible. Mil Grazas

ESPAZOCOOP / ESTUDIO DAVID DE LA IGLESIA / REVISTA PLIS PLAS / MOSTRA DO POSIBLE/ BAMBUSA ESTUDIO /BEGOÑA CALDAS/ HORTA FRESCA / GÁNDARA INTERNATIONAL SCHOOL / JULIO / ANDI IGLESIAS / VANESA COPYVAN/ NOGUEIRA Y VALDÉS / MIUDUNHO S. COOP. GALEGA / MICHAEL MULLER / ALQUIMÉTRICOS / MUQUI / LA CASA COLORIDA

O seguir navegando neste sitio, aceptas o uso de cookies// Al seguir navegando el sitio, aceptas el uso de cookies. + información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close