ESPAZOS ITINERANTES

O noso proxecto contempla a posibilidade de participar en feiras ou actividades programadas por outras entidades que compartan a nosa visión e filosofía, ou que queiran abrirse a novas experiencias no mundo da educación e o xogo. O noso obxectivo, ademais de difundir e dar a coñecer o noso proxecto, é crear redes con outras institucións e, aos poucos, ir dando ferramentas de cambio para que entre todxs podamos visualizar o verdadeiro significado do xogo e a súa importancia para a vida das persoas.

Aquí algunhas experiencias.

XORNADAS DE EDUCACIÓN AO REDOR DA INNOVACIÓN EDUCATIVA – IGUALDADADE NA ESCOLA PÚBLICA
2017 – 2018. Organizada da man das Anpas Galegas e Favalmi.

FESTIVAL PLIS PLAS 2018
Un festival urbano multidisciplinar adicado ás crianzas para reivindicar os plans de lecer en familia e a calidade dos mesmos. Espectáculos teatrais, concertos, obradoiros, contacontos, xogos, mercadillo… e unha grande cantidade de actividades gratuítas e propostas de calidade e respectuosas coa infancia.

MOSTRA DO POSIBLE CANGAS DO MORRAZO
Un encontro de organizacións que traballan en diversos ámbitos da vida cotiá construindo un mundo máis xusto e solidario.

O seguir navegando neste sitio, aceptas o uso de cookies// Al seguir navegando el sitio, aceptas el uso de cookies. + información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close