ESPAZO DE FINS DE SEMANA

FORMACIÓNS – CURSOS – CHARLAS

Nas fins de semana, ofrécense diferentes cursos e seminarios dirixidos ao crecemento persoal, en equipo e en comunidade, baseados nunha educación activa e respectuosa:

Debates, mesas redondas, cursos de achegamento á educación activa, pedagoxías alternativas como Montessori, Waldorf ou Pikler, propostas de obradoiros en comunidade, obradoiros de construción e materiais para o xogo, bioconstrución e arquitectura, natureza, horto e viveiro, coidado dos bosques e ecosistemas…

O proxecto inclúe formación para todo tipo de persoas interesadas en coñecer e profundizar no mundo da educación e crianza respectuosas e a creación de proxectos de comunidade, ademais de ofrecer obradoiros itinerantes para difundir e crear conciencia sobre o significado do xogo e a importancia do seu coidado.

No verán ofrecemos campamentos para axudar ás familias a conciliar nun ambiente de natureza e calma.

Actualmente no sur de Galicia non atopamos ningún proxecto similar, xa que os proxectos que coñecemos sobre educación respectuosa céntranse só nxs nenxs e a nosa proposta abarca a sociedade en xeral.

O seguir navegando neste sitio, aceptas o uso de cookies// Al seguir navegando el sitio, aceptas el uso de cookies. + información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close