ESPAZO DE XOGO- ESPAZO DE TRABALLO

Entendemos o espazo como un acompañante máis dentro do noso proxecto. Os lugares, preparados para a convivencia e a aprendizaxe, permiten unha conexión inmediata coa esencia de MilRamas e non precisan ser explicados. As persoas poden tomar posesión do proxecto naturalmente.

O noso proxecto propón un lugar para os nenxs co material non estruturado, material sensorial, espazo de movemento libre, xogo simbólico, espazo para as familias, etc.

Neste espazo os nenos conectan inmediatamente coa súa necesidade de xogar; e xogan, mentres que ás persoas adultas observan en silencio dentro do espazo.

O espazo permite o movemento libre, subir, saltar, balancearse, investigar co corpo, crear grandes estruturas, lanzar, correr… Un espazo de expansión seguindo os principio básicos do Movemento libre de Emmi Pikler, onde cobra un importante valor a actividade autónoma, favorecendo que x nenx tome conciencia de un/unha mesmx e da súa contorna.

Constatamos que o uso de materiais naturais en espazos preparados, cun acompañamento coidadoso, sen xerarquías ou xuízos e nunha contorna diversa e comunitaria, permite ás persoas sentirse empoderadas e con recursos para enfrontar a crianza dxs fillxs nos tempos actuais. É unha necesidade que se satisfixo coa creación deste espazo.

O seguir navegando neste sitio, aceptas o uso de cookies// Al seguir navegando el sitio, aceptas el uso de cookies. + información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close