ESPACIO DE TARDE

Obradoiros

Durante a tarde, ofrécense diferentes actividades para todas as idades, onde o noso traballo lévase a cabo dende a asistencia  das necesidades das persoas nun espazo sen xuízos, comparacións ou modelos preestablecidos que permitan un despregue persoal e fortalezca a confianza de cada un. Traballamos con grupos diversos.

Os obradoiros que propoñemos en horario de tarde son:

Xogo de Configuración: é un espazo onde os nenos constrúen o seu mundo dando significado de acordo ás súas necesidades. Este obradoiro permíteslle desenvolver o xogo simbólico, as relacións e a autonomía con materiais tan sinxelos como o cartón, as cordas, as teas ou a cinta adhesiva. Xs nenxs crean o que necesitan sen propostas preconcebidas.

O cartón como material non estruturado non é nada e o é todo, será o que decidan individualmente en ocasións e colectivamente noutras. Sempre respectándose a un/unha mesmx, aos seus compañeiros e ao material.

Espazos Imaxinados: Un obradoiro de creación onde xs nenxs atoparán pezas de construción, diferentesmateriais naturais e de refugallo, xogos de luz onde poden experimentar coas cores e a súa maxia. Aquí proponse un espazo de construción do mundo a partir de materiais e xogos sensitivos.

Grupo de Crianza: é un espazo creado por e para todo tipo de familias que buscan compartir inquietudes, necesidades, aprendizaxe e xogos.

Un espazo de coidado, en contacto coa natureza, con nós mesmos e en busca das nosas verdadeiras necesidades de relación cos nosxs bebes. O noso obxectivo é crear redes de apoio e crecemento en busca dun mundo máis próximo e máis real, baseado nunha comunicación humana, respectuosa e sen xuízos.

O seguir navegando neste sitio, aceptas o uso de cookies// Al seguir navegando el sitio, aceptas el uso de cookies. + información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close